Unha guitiricense gaña o premio Despunte da escola de moda Mestre Mateo

TerraChaXa
Laura Villar Loureiro recibiu o galardón máis importante da escola, dotado con 1.500 euros
premio-laura-villar-moda
22 Feb 2025

A veciña de Guitiriz Laura Villar Loureiro gañou o Premio Despunte ao Mellor Traballo de Fin de Estudos do Grao en Deseño de Moda coa súa colección Lembranza. A empresaria Virginia Pozo fíxolle entrega do galardón, dotado con 1.5000 euros, e un diploma acreditativo que lle entregou o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González.

Trátase do premio máis importante dos outorgados nunha gala que presentou Diana Nogueira. Nesta sesión, amosáronse aos máis de 500 asistentes as coleccións realizadas para os traballos finais de estudos do alumnado que acaba de graduarse, como parte do Grao en Ensinos Artísticos Superiores en Deseño de Moda da escola Mestre Mateo, así como os da sección Miscelánea (microcoleccións e proxectos desenvolvidos no 3º curso da titulación).

Durante a mañá tamén se celebrou a Xornada de Reclutamento de Talento, onde distintas empresas do sector  se entrevistaron ao alumnado.

A gala puxo o broche final á primeira edición da Semana Internacional das Artes e o Deseño da EASDMM, que durante uns días transformou Santiago no epicentro do novo talento e a creatividade. Ata o 9 de marzo aínda poderá visitarse na Fundación Eugenio Granell a Exposición Despunte: Deseño de Produto, Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística.

0.10805201530457