Unha iniciativa da comunidade educativa pintará este venres o CEIP Monseivane

TerraChaXa
O CEIP Monseivane, como tantos outros colexios do rural, está a sufrir as consecuencias do despoboamento rural.
DSCN0448
23 Out 2019

O CEIP Monseivane, como tantos outros colexios do rural, está a sufrir as consecuencias do despoboamento rural. Cada vez hai menos alumnado matriculado, actualmente 37, polo cal decidiron levar a cabo unha serie de iniciativas encamiñadas a promocionar o colexio e mellorar a súa infraestructura. Unha delas consiste en pintar o muro que rodea o colexio, alo menos a parte principal, colaborando toda a comunidade educativa.

Está previsto que se faga este venres, 25 de outubro, e que ao longo do día vaian pasando a colaborar aqueles familiares que poidan, según o seu horario laboral, non só pais e nais senón tamén outros membros como avós. Profesorado e alumnado tamén participarán dando cor ó muro que actualmente está moi deteriorado polo paso do tempo.

Nesta actividade colabora o Concello de Vilalba aportando a pintura e a Consellería de Educación co resto de gastos. A mediodía desfrutarán duns aperitivos que ofrecerán Parrillada O Adro, Dispravia, queixerías Crisanto, Fontelas e Don Gabino, carnicería Frebas e panadería Paz Basanta.

O CEIP Monseivane ten sempre as súas portas abertas a calquera familia que queira matricular
aos seus fillos e desfrutar de todas as ventaxes que ten un centro destas características:
atención máis individualizada debido ao baixo número de alumnado, recursos dixitais, traballo
por proxectos, ruta en autobús dende Vilalba, excursións e actividades en conxunto, entre outras.

0.15540099143982