Unha liscada abre as festas de Vilaprede


A parroquia de Vilapedre, en Vilalba, celebra as súas festas na honra a San Mamede e os Milagros os días 24, 25 e 26 de maio.
O venres ás celebracións darán comezo ás 22.00 cunha liscada, chourizada gratis e cunha gran verbena coa actuación de Susana.
O sabado 25 ás 13.30 terá lugar a misa con procesión e para continuar unha sesión vermú co grupo Ritmo, que serán tamén os encargados de amenizar a verbena da noite xunto ao grupo Madastur.
As festas rematarán o domingo cunha misa con procesión ás 13.30 e unha sesión vermú a cargo de Los Adrianos.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.
