Unha liscada gratuíta abre as festas de Sambreixo
TerraChaXa
As festas comezarán o venres a partir das 21.00 horas cunha liscada e chourizada gratuíta, á que seguirá a verbena con grupo Jake.
29 sep 2022
A localidade de Sambreixo en Guitiriz organiza as súas festas patronais na honra a San Remigio, que terán lugar o 30 de setembro e o 1 e 2 de outubro.
As festas comezarán o venres a partir das 21.00 horas cunha liscada e chourizada gratuíta por xentileza de Bar Porto, á que seguirá a verbena con grupo Jake.
O sábado a sesión vermú estará ao cargo do cantante José Anido e a verbena contará de novo con Anido e co grupo Máster. O domingo, que só haberá sesión musical ao mediodía, estará a cargo do trío Arena.
O sábado e o domingo ahberá misa solemne ás 13.30 horas e durante a mañá as rúas estarán amenizadas polo grupo de gaitas Son's da Aldea.
O campo da festa estará cuberto cunha carpa.