Unha mesa redonda sobre as coidadoras será o acto central do 8M na Pastoriza
A Pastoriza acollerá este venres, 8 de marzo, un acto homenaxe ás Heroínas Invisibles con motivo do Día da Muller.
Así, ás 19.00 celebrarse unha mesa redonda debate sobre os coidados como cousas de mulleres na casa da cultura local.
A sesión estará moderada pola xornalista Lourdes Abuide e contará coa participación de catro mulleres especialistas neste tema. A primeira é Amelia Maseda Leiras coñecida como Lia, integrante da plataforma feminista da túa contorna e estudante de psicoloxía. Firme defensora dos dereitos da muller e do empeoramento feminino, vive en Meira e traballou como voluntaria con persoas de Alzheimer. Fará un percorrido pola historia das mulleres coidadoras.
Sandra Darriba Méndez , traballadora do Punto de Atención a Infancia deste Concello dende os seus inicios e tamén integrante da asociación de mulleres rurais da Pastoriza da ANPA e sempre colaboradora en todas las causas da muller.
Tamén estará Ana Fernández Castañal, auxiliar de Axuda no Fogar da empresa Attende, que presta os servizos neste concello e cun papel moi importante como representante sindical das traballadoras; falará da profesión; funcións, tarefas e retos de futuro. Visibilidade da profesión.
Sandra Legaspi Ferreiro, nai de Adriana con síndrome CTNB1, dará a coñecer esta enfermidade da que existen moi poucos casos e tamén o que supón ser nai dunha nena con esta enfermidade así como asociacióna CTNNB1 na que esta implicada e colabora activamente.
Completa a mesa María José Couso Iglesia, auxiliar de Axuda no Fogar da empresa Atende que presta os servizos neste concello e nai de familia numerosa con tres nenos e dous deles con discapacidade (autismo). Centrara a súa exposición na súa experiencia particular.