Unha mostra sobre a apertura como museo da Casa de Rosalía chega a Castro

TerraChaXa
A mostra poderase visitar ata o vindeiro 25 de agosto a mostra, con reproducións de documentos, fotografías e textos
mostra-A-Casa-de-Galicia
14 Ago 2024

Inaugurouse a exposición A Casa de Galicia. 50 anos da  casa de Rosalía, sobre a restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida. A carballeira de CastroRiberas de Lea o acollerá ata o vindeiro 25 de agosto a mostra, con reproducións de documentos, fotografías e textos que repasan a historia da casa e do esforzo colectivo -de institución culturais, intelectuais e persoas anónimas- que impulsou a súa apertura como museo en xullo de 1971, con achegas de miles de galegas e galegos, no país e no exilio.

A deputada de Cultura Iria Castro acompañada polo alcalde Francisco Balado e a concelleira Olga García, inauguraron a mostra, que chega no marco dunha itinerancia promovida pola Vicepresidencia da Deputación que suma unha vintena de localidades. Castro animou á veciñanza “a achegarse á exposición, que dá conta do poder mobilizador da figura de Rosalía e da súa obra, mesmo en pleno franquismo”.

Explicaron que “a itinerancia da mostra  procura  a presenza na rúa e nos espazos comúns dunha autora que é referente cultural, pero tamén feminista e de compromiso social, como facemos con outras iniciativas como a realización de murais homenaxe que se veñen realizando nos últimos catro anos en centros educativos”

A mostra poderá verse ata o vindeiro 25 de agosto. Producida pola Fundación Rosalía e comisariada por Pepe Barro, autor da última renovación museolóxica da Casa-Museo de Rosalía de Castro, está formada por paneis inseridos nunha estrutura que evoca distintas estancias dunha casa. O contido articúlase en seis capítulos diferenciados.

0.16837096214294