Unha mostra sobre a emigración galega á América chegá a Alfoz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Jan 2020

A antiga escola de Adelán, en Alfoz, acolle a mostra Culturas en Diálogo. Lugo-Arxentina da Rede Museística Provincial. A exposición organizada pola Rede Museística en colaboración coa asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo, recompila material fotográfico e documental arredor da emigracion galega a América.

O obxectivo é poñer en valor os testemuños, en clave intercultural, das relacións entre diferentes xeracións polo que, paralelamente á exposición, se organizan actividades dirixidas especialmente ao aos centros escolares. Así, na inauguración da mostra, ás 12:00 horas, estará presente o alumnado do CEIP de Alfoz que, a continuación, participará nun obradoiro sobre a migración.

Ademais, ao longo da semana, Silvia Fiallega Lorenzo impartirá unha conferencia no IES Alfoz-Valadouro sobre o imaxinario e os estereotipos da emigración galega a América.

A mostra poderá visitarse en Adelán os xoves e os domingos, de 17 a 19 horas ata o 2 de febreiro, grazas á colaboración da Asociación de Veciños de Adelán. Fóra desas datas, as visitas deberán concertarse a través do Concello de Alfoz 650 119 367.

Culturas en Diálogo. Lugo-Arxentina é unha mostra con vocación itinerante. Tras comezar o seu periplo nas escolas de emigración de San Miguel de Reinante, en Barreiros, chegará á parroquia alfocense.

A Rede Museística ofrece a exposición aos centros escolares e concellos da provincia, co obxectivo de motivar entre o alumnado e a veciñanza actitudes antixenófobas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17038106918335