Unha nova edición do Correlingua reúne a 1.200 alumnos de 20 centros da provincia

TerraChaXa
O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto ao representante da Asociación Correlingua, Manuel Muñíz Besteiro, participaron, este mércores nos actos da décimo novena edición do Correlingua na cidade de Lugo.
Unha nova edición do Correlingua reúne a 1.200 alumnos de 20 centros da provincia
12 Maio 2019

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto ao representante da Asociación Correlingua, Manuel Muñíz Besteiro, participaron, este mércores nos actos da décimo novena edición do Correlingua na cidade de Lugo. O evento, co que colabora o Organismo Provincial, mobilizou a máis de 1.200 estudantes de 20 centros da provincia co fin de promover o uso do galego. Este ano o Correlingua 2019 arrancou baixo o lema O galego é a fórmula.

Santos Ramos sinalou que “dende o Goberno da Deputación, apoiamos estas iniciativas que fomentan o uso e o apoio ao galego. É un pracer ver a tanta xente nova implicada na defensa da nosa lingua, e ao mesmo tempo das nosas tradicións e da nosa cultura. Esta edición do Correlingua reuniu a 1.200 participantes, o que deixa entrever o éxito desta programación”.

O obxectivo destas actividades é favorecer a situación da nosa lingua e activar accións a prol dela, contribuíndo a través dos rapaces e rapazas a importancia de falar galego e implicándoos na súa defensa. A carreira, que se levou a cabo durante a mañá, recorreu a Praza de Santa María, Porta de Bispo Aguirre, Porta de Campo Castelo, Praza Maior e unha volta á Muralla.

0.17826199531555