Unha pintura mural renovará a estética exterior da piscina de Vilalba

TerraChaXa
A arte mural e a rehabilitación e renovación de espazos conformará o punto de partida dun plan urbanístico que pon en marcha o Concello de Vilalba.
25 Out 2019

A arte mural e a rehabilitación e renovación de espazos conformará o punto de partida dun plan urbanístico que pon en marcha o Concello de Vilalba. O primeiro dos traballos será a realización dunha pintura mural na fachada da piscina municipal encargado á ilustradora e muralista Iria Fafián, cunha dilatada experiencia profesional e formación artística.

Esta primeira actuación representará motivos naturais acordes co entorno no que se ubican as instalacións, na Área Recreativa da Madalena. O proxecto de Fafián harmonizará este enclave natural cunha arte urbana que o goberno local pretende ampliar a outras zonas da vila para mudar a paisaxe e “que Vilalba dea un paso adiante na súa modernización e pulo das diferentes expresións artísticas”.

Nesta liña, a continuidade do plan pasa por “determinar os lugares nos que se irán proxectando murais, facendo mención de persoas significativas do ámbito literario desta comarca e sacando proveito da versatilidade desta disciplina”, subliñou o edil de urbanismo, Luis Fernández

0.20582294464111