Unha pista de xeo, festas e teatro protagonizan a oferta xuvenil e infantil en Vilalba este Nadal

TerraChaXa
O Concello de Vilalba acaba de presentar a programación infantil e xuvenil do Nadal, cunha oferta variada que comeza esta semana e rematará o 7 de xaneiro.
Vilalba Nadal 20213
12 Dec 2023

O Concello de Vilalba acaba de presentar a programación infantil e xuvenil do Nadal, cunha oferta variada que comeza esta semana e rematará o 7 de xaneiro. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, presentaron a programación na Casa da Cultura.

Trátase dunha proposta variada, “con sorpresas e novidades con respecto a outros anos, que inclúe tamén un campamento de Nadal de balde para favorecer a conciliación”, explicou Rouco. Este xoves entregaranse os premios do concurso de postais e o Concello organizou “varios obradoiros e actividades didácticas arredor da Feira do Capón, que será o 21 de decembro”, apunta Paula Vigo, concelleira de Educación, Infancia e Xuventude.

Desde o 23 de decembro estará operativa a pista de xeo, Papá Noel visitará a praza da Constitución o 24 de decembro e a programación inclúe a obra de teatro Blancanieves de la Chana (26 de decembro) e a proxección de dúas películas.

Haberá tamén espazo para o deporte coa Carreira San Silvestre do 31 de decembro, e dúas actividades con láser TAG e realidade virtual os días 27 e 29 de decembro. Os días 28 de decembro e 2 de xaneiro haberá festa infantil e o 5 de xaneiro os Reis Magos chegarán a Vilalba, visitando as parroquias antes da tradicional cabalgata.

PROGRAMACIÓN NADAL 12 DEC
0.18287706375122