Unha pontesa de 9 anos publica o seu primeiro libro: 'Mágicos Cupcakes'

Oriana Mateus Hernández, unha nena das Pontes de tan só 9 anos, vén de dar un importante paso no mundo da literatura coa publicación do seu primeiro libro titulado Mágicos Cupcakes. A obra, destinada ao público infantil e xuvenil, mestura fantasía e realidade nunha aventura que acompaña aos seus protagonistas desde a infancia ata a vellez.
Neste relato, ideado por Oriana e escrito por Francisco Manigrasso, os lectores coñecerán a Marco e Rubén, dous nenos que se embarcan nunha investigación para descubrir os segredos que agocha unha misteriosa pastelería chamada Del Jardín. Ao longo das súas 87 páxinas, a historia sorprende con elementos máxicos como cupcakes encantados, unha fruteira enigmática e incluso dous vellos voando polos ceos de Santo Domingo. Todo é posible nesta narración que estimula a imaxinación e o espírito aventureiro. Publicado a través da plataforma Bookmundo, o libro xa se atopa dispoñible para a súa compra a un prezo de 15 euros.
Con esta ópera prima, Oriana Mateus Hernández amosa unha paixón innata pola creatividade e a arte. A súa capacidade para idear historias conxugadas con un mundo cheo de fantasía abre un prometedor camiño no ámbito literario. Grazas á colaboración de Francisco Manigrasso, quen deu forma escrita ás ideas de Oriana, Mágicos Cupcakes chega para conquistar o corazón de moitos lectores novos.
Un exemplo de talento temperán que emerxe dende As Pontes con forza e ilusión.