Unha poxa decidirá o futuro do mostrenco atopado en Muras

TerraChaXa
O Concello de Muras realizará este luns, 1 de febreiro, unha poxa pública para outorgar a res mostrenca atopada no lugar de Sanxillao.
31 Xan 2021

O Concello de Muras realizará este luns, 1 de febreiro, ás 11.00 horas unha poxa pública para outorgar a res mostrenca atopada no lugar de Sanxillao, pertencendete ao termo municipal de Muras.

O lugar escollido para a poxa é o mesmo lugar de Sanxillao, onde foi atopada a res.

O Concello de Muras actúa deste xeito segundo a lei que establece que os équidos capturados, non identificados e non reclamados son considerados mostrencos. Hai tres opcións, a poxa pública, a entrega gratuíta a espazos de accollida ou o envío a sacrificio en matadoiros.

0.13038921356201