Unha saída de vía deixa unha persoa ferida en Outeiro de Rei

TerraChaXa
Unha persoa resultou ferida tras envorcar o seu turismo despois de chocar contra a mediana da A-6, á altura do punto quilométrico 507, na localidade de Outeiro de Rei.
28 Aug 2017

Unha persoa resultou ferida tras envorcar o seu turismo despois de chocar contra a mediana da A-6, á altura do punto quilométrico 507, na localidade de Outeiro de Rei. Foi un particular quen, sobre as doce deste mediodía alertou ao 112 Galicia.

A partir de aí, pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias. Tamén, os axentes de Tráfico,  Bombeiros de Vilalba e os efectivos do GES de Curtis foron informados do accidente polo 112 Galicia.

O persoal do servizo do servizo de mantemento da estrada encargouse da limpeza da vía.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12521696090698