Unha trintena de carrilanas participan en Meira na terceira edición da Baixada

TerraChaXa
A Asociación de carrilanas Os Meiregos presentou xa o seu cartel para a cita deste ano, a que sería a III Baixada Vila de Meira.
baixada carrilanas meira portad
15 Xuño 2023

Un total de 28 vehículos participarán na III Baixada Vila de Meira, que ten como data de celebración este sábdo, 17 de xuño, organizada pola Asociación de carrilanas Os Meiregos. A inscrición para este evento xa está pechada.

A proba dará comezo ás 16.30 horas pero durante toda a mañá haberá verificacións e adestramentos. Os remontes están previstos para as 14.30 horas e haberá ás 13.00 horas uns petiscos para os participantes.

O adestramentos están previstos para as 15.00 horas e haberá unha segunda sesión oficial ás 18.00 horas.

O percorrido de Meira, de preto de tres quilómetros, arrincará xunto aos eólicos para pasar polo Pedregal de Irimia e finalizar na aula da natureza, cunha pendente do 12%.

iii baixada carrilanas meira
0.20029211044312