Unha usuaria do Centro de Maiores de Trabada celebra o seu 100 aniversario

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Mercedes Prieto Fernández, veciña de Trabada e usuaria do Centro de Atención a Maiores que a Deputación de Lugo ten nesta localidade mariñá, celebrou este xoves o seu 100 aniversario.
DSC_0061 1
9 sep 2020

Mercedes Prieto Fernández, veciña de Trabada e usuaria do Centro de Atención a Maiores que a Deputación de Lugo ten nesta localidade mariñá, celebrou este xoves o seu 100 aniversario. Foi a protagonista neste día onde ela escolleu para o xantar cos seus compañeiros e compañeiras a súa comida favorita: caldo e enfariñada. 

Pola tarde, traballadores e usuarios realizaron unha merenda especial para celebrar todos xuntos a festa do centenario. Ademais, Mercedes recibiu a visita da súa familia, que de forma excepcional e seguindo unhas medidas moi estritas de distanciamento e protección fronte á covid-19, a acompañaron nesta data tan especial. 

Durante a merenda proxectáronse varios vídeos, entre eles, un moi emotivo elaborado con fotografías proporcionadas pola familia de Mercedes nas que se lembraban momentos especiais da súa vida dende a súa nenez. 

0.17619895935059