Unha veciña de Guitiriz celebra o seu 101 aniversario

TerraChaXa
Residente en Trasparga, recibiu un ramo de flores de agasallo do Concello
aniversario-isolina-guitiriz
11 Mar 2025

A veciña Isolina Trinidad Paz de Guitiriz celebrou o seu 101 aniversario. Para conmemorar esta data tan significativa, a concelleira de Integración, Promoción e Servizos Sociais, Sofía Sánchez, desprazouse ata a súa casa en O Cal, Trasparga, para felicitala persoalmente.

Durante a visita, a concelleira agasallou a Isolina cun ramo de flores e compartiu con ela unha agradable conversa, rememorando momentos e destacando a importancia de celebrar unha vida tan longa e plena.

O Concello de Guitiriz quixo expresar o seu cariño e agradecemento tanto a Isolina como á súa familia, que os recibiron con gran agarimo.

⚙ Configurar cookies
0.56503796577454