Unha veciña de Rábade cumpre cen anos
TerraChaXa | LugoXa
A veciña de Rábade Oliva Martínez Roibás cumpriu 100 anos e celebrounos cun xantar coa súa familia.
7 Abr 2024
A veciña de Rábade Oliva Martínez Roibás cumpriu 100 anos e celebrounos cun xantar coa súa familia.
Oliva, orixinaria de Outeiro de Rei, vive en Rábade desde que casou e tivo catro fillos. Ten nove netos e nove bisnetos.
Tamén recibiu a felicitación e un agasallo de mans da alcaldesa, Reme González.