Unha veciña de Vilalba celebra o seu 101 aniversario

A veciña de Vilalba Virginia Fernández cumpriu 101 anos, e fíxoo rodeada de afecto, vitalidade e cun sorriso.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, acompañada pola concelleira Paula Vigo, desprazouse ata o Hospital Asilo para felicitala persoalmente. Durante a visita, fixéronlle entrega dun fermoso ramo de flores como mostra de recoñecemento e admiración.
O encontro deu lugar a unha entrañable conversa na que Virginia lles contou, entre risas, que un dos seus pasatempos favoritos é facer crucigramas, algo que mantén a súa mente activa e divertida.
"Desde o Concello de Vilalba queremos parabéns de corazón a Virginia, un exemplo de enerxía e optimismo para toda a veciñanza", dijo Rouco.