Unha veciña de Vilalba cumpre 102 anos
TerraChaXa
A homenaxeada dedicouse á agricultura ata a súa xubilación e agora entretense vendo a televisión, paseando ou pasando tempo coa súa familia
12 Dec 2024
A veciña de Vilalba Elena Prieto celebrou esta semana o seu aniversario número 102 anos.
A alcaldesa, Marta Rouco, achegouse acompañada pola concelleira Paula Vigo ata a súa casa en Lanzós para felicitala e agasallala cun ramo de flores.
Na conversa que mantiveron, Elena contou que se dedicou á agricultura ata a súa xubilación e que agora entretense vendo a televisión, paseando ou pasando tempo coa súa familia.
Na televisión non se perde os programas musicais e, tal e como recoñeceu, ten devoción por María del Monte e Manolo Escobar.