Unha vilalbesa recibe un Premio Extraordinario de Bacharelato

TerraChaXa
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, entregou os premios extraordinarios de Bacharelato (curso 2016/17), de Formación Profesional de grao superior (curso 2015/16) e de ensinanzas artísticas profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño (curso 2016/17), nun acto celebrado no Salón de Convencións do CINC, na Cidade da Cultura de Galicia.
16 Mar 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, entregou os premios extraordinarios de Bacharelato (curso 2016/17), de Formación Profesional de grao superior (curso 2015/16) e de ensinanzas artísticas profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño (curso 2016/17), nun acto celebrado no Salón de Convencións do CINC, na Cidade da Cultura de Galicia. Os galardóns teñen como obxectivo recoñecer a excelencia do alumnado que acadou as maiores cualificacións e que superou as correspondentes probas específicas.

Entre os galardonados figura Carmen Rouco Díaz, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.

0.15196585655212