Unha vintena de asistentes acoden á xornada sobre illamento de vivendas celebrada en Ribadeo
TerraChaXa | AMariñaXa
8 Abr 2019
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolleu o pasado venres unha xornada técnica sobre novos sistemas de illamento en vivendas. A actividade, impartida por responsables da empresa Soluciones Técnicas de Cerramiento e dirixida a profesionais da construción e ao público en xeral, contou cunha vintena de asistentes.
Na xornada, organizada polo departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga, houbo unha presentación dos novos produtos e materiais e despois unha charla.