Unha vintena de pontenoveses forma parte do grupo municipal de teatro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Unha das actividades que máis vida lle dan á Pontenova, non só polos espectáculos que ofrecen, senón porque nela participan numerosos veciños, é a do teatro, a través do grupo municipal, dirixido polo lucense Guillermo Cancelo.
begonte carnaval
15 Nov 2019

Unha das actividades que máis vida lle dan á Pontenova, non só polos espectáculos que ofrecen, senón porque nela participan numerosos veciños, é a do teatro, a través do grupo municipal, dirixido polo lucense Guillermo Cancelo.

Está ao fronte da agrupación denominada Lume Escénico.Coa nova obra que están poñendo en escea os preto de vinte pontenoveses que conforman a agrupación e que leva por título 'O achado do castro', están facendo unha especie de 'tourné' a través do circuito Buxiganga da Deputación Provincial, que os está levando, recente e próximamente por Pantón ou Ribeira de Piquín, entre outros lugares. Concretamente a actuación que ían desenvolver nesta última localidade tivo que ser aprazada uns días por mor das elecións xerais, xa que a función estaba prevista para o fin de semana dos comicios.

Outros dos sitios aos que adoitan ir é a Trabada e ao Valadouro. A obra é de Manuel Núñez Singala e precisamente é unha homenaxe ao autor. En febreiro actúan na súa propia localidade e, como sempre que así o fan, enchen a casa da cultura, na mostra teatral de febreiro, pero cada Nadal tamén suben ao esceario perante ao seu pobo ante da Noiteboa.

Se alguén quere formar parte ou chamalos para concertar colaboracións ou actuacións, pódese poñer en contacto co Concello onde se lles facilitará un teléfono. Entre as representacións do grupo de teatro A Pontenova, Lume Escénico, figuran A Horta das Cerdeiras de Antón Chéjov, Noite de  Reis de Shakespeare e O achado do castro de Nuñez Singala. Levan representadas ao redor de sete obras e tódolos anos fan, a maiores, unha improvisación polo Nadal.

0.13701605796814