Unha vintena de usuarios reciben axuda no fogar no Valadouro
No concello de O Valadouro catro persoas traballan no servizo de axuda no fogar de libre concurrencia. Desde a entidade municipal levan atendido este ano a 65 persoas polo denominado réxime de dependencia e a outras 42 polo sistema de libre concurrencia.
O envellecemento poboacional xeralizado na meirande parte dos concellos da Mariña, quizáis coa excepción do máis novo, Burela, provoca que a Administración reciba cada vez máis peticións de persoas que precisan axuda no seu fogar.
No Valadouro recibiron, por exemplo, en torno a 50 expedientes de dependencia que agardan ser resoltos.
Ademais, a localidade conta desde 2004 cunha residencia que alberga a uns 90 usuarios e que está xestionada pola Fundación San Rosendo.
A mellora destes servizos e a calidade de vida dos valadourenses en xeral e dos maiores en particular, é un dos obxectivos do goberno socialista que rexe Edmundo Maseda.