Unha xincana polas parroquias de Guitiriz dará a coñecer o patrimonio

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz busca dar a coñecer o rico patrimonio natural e patrimonial co que conta cunha xincana polas parroquias
fotografia camara fotos
14 Abr 2022

O Concello de Guitiriz busca dar a coñecer o rico patrimonio natural e patrimonial co que conta. Con ese obxectivo lanza a súa primeira xincana turística polas parroquias do municipio, que terá como premio unha tablet valorada en 300 euros e dous lotes de produtos larpeiros.

Esta acción de promoción turística desenvolverase do 1 ao 30 de abril. Para acadar a tableta electrónica as persoas participantes terán que sacarase un selfie nos oito espazos turísticos do municipio que se propoñen e enviar as imaxes ao correo electrónico info@concellodeguitiriz.com. No texto deberá engadirse o nome, apelidos, número de teléfono e DNI. En cambio, para entrar no sorteo dos lotes larpeiros só será necesario completar 5 das 8 localizacións. Entre os que completen a xincana, o 6 de maio realizarase na casa consistorial o sorteo da tablet e do lote de produtos larpeiros.

Os 8 espazos son: as escaleiras que suben ao campanario da igrexa de Labrada, Pena Roldán en Os Vilares, a Capela de Bascuas en San Salvador, o Leguario de Guitiriz, os Muíños da Muiñeira en Mariz, o Muíño da Ruxida en Parga, o campanario da igrexa de Pedrafita e, por último, a Cova da Serpe nas Negradas.

Como unha pequena axuda, moita da información sobre estes puntos pode atoparse na nova páxina de turismo do Concello de Guitiriz: https://turismo.concellodeguitiriz.com

0.19206309318542