Unha xornada técnica sobre o uso de mastíns na custodia do gando chega a Momán e As Pontes
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán acolle os próximos 18, 25 e 30 de outubro unhas xornadas sobre Os danos do lobo e o uso dos mastines e doutras razas caninas en custódiaa do gando.
A xornada é gratuita e está dirixida a gandeiros e persoas en xeral interesadas nesta problemática que en Galicia ten unha importante incidencia. As xornadas inclúen un completo programa con experiencia de gandeiros que empregan mastíns para protexer o gando, biólogos como Luís Llaneza, charlas técnicas sobre como adestrar aos cans e visitas a explotacións que lograron unha protección efectiva fronte aos ataques dos lobos.
O martes 30 de outubro haberá unha saída ás 8:00 h. en autobús dende Lourizán hacia Momán, para escoitar as charlas da mañá sobre Bioloxía e ecoloxía do lobo ibérico e Situación do lobo en Galicia de Luis Llaneza; Métodos de prevención, mitos, estudos e realidade e Manexo de mastíns como ferramenta de protección de Joan Alibés; para despois xantar ir de visita a Finca Experimental Marco da Curra (CIAM) en Momán e á gandería O Bañal das Pontes.
Podedes consultar o programa nesta ligazón DIPTICO LOBOS LOURIZÁN