Unha xuntanza de clásicos abre as festas de Goiriz en Vilalba

TerraChaXa
Unha xuntanza de clásicos abrirá as festas de Goiriz, en Vilalba, que celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra a Santiago.
festas goiriz vilalba portada
21 Xul 2023

Unha xuntanza de clásicos abrirá as festas de Goiriz, en Vilalba, que celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra a Santiago Apóstolo.

A que será a terceira edición da xuntanza terá lugar o domingo, primeiro día de celebracións. Estas darán comezo  coa misa solemne seguida dunha sesión vermú con Los Adrianos.

A xornada continuará cun xantar popular no campo da festa. O luns continuarán as celebracións coa misa solemne, tamén ás 13.30 horas. O grupo Zona Zero será o encargado de amenizar tanto a sesión vermú como a verbena, esta última xunto a Marbella.

Rematarán as festas o martes 25 coa actuación de JB Son nunha sesión vermú prolongada trala celebración da misa e a procesión.

festas goiriz vilalba
0.11094784736633