Unhas 120 persoas asistiron á xuntanza de xubilados e pensionistas de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Ademais de compartir un xantar e desfrutar dun día de festa e de conversa, fíxose un sorteo de agasallos
reunion-xubilados-e-pensionistas-rabade
Un momento do xantar
28 Apr 2025

Continuando coa tradición, este domingo celebrouse no Restaurante Asador Coto Real a xuntanza de xubilados e pensionistas de Rábade, á que asistiron preto de 120 persoas.

Ademais de compartir un xantar e desfrutar dun día de festa e de conversa, fíxose un sorteo entre os asistentes cos agasallos doados polos empresarios e comerciantes de Rábade e das empresas que traballan para o Concello, así como os que lembran o centenario da vila.

Como en anos anteriores, participaron tanto maiores xubilados ou pensionistas así como algúns acompañantes.

⚙ Configurar cookies
0.13208913803101