Unhas 30 persoas participaron no programa Btteando por Guitiriz esta fin de semana

TerraChaXa
A saída celebrouse o domingo e contou cun percorrido de 20 quilómetros na zona do pantano de San Xoán
btteando-por-guitiriz-ruta-san-xoan
12 Nov 2024

O programa BTTeando por Guitiriz, organizado polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe, reuniu a 30 participantes na ruta do pantano de San Xoán, celebrada o pasado domingo 10 de novembro.

Esta foi a sétima saída do programa e contou cun percorrido de 20 quilómetros pola área recreativa do pantano de San Xoán e pola serra de Montouto que deu comezo ás 10:00 horas.

Inicialmente, a ruta contaba cun número maior de persoas inscritas, pero finalmente foron 30 as que participaron nesta saída que estivo marcada polas choivas que caeron na zona durante a fin de semana. Aínda así, as precipitacións non foron protagonistas durante o tempo que durou o percorrido.

O programa BTTeando por Guitiriz contará cunha saída máis antes de que remate o ano, coa Ruta de Fin de Ano o próximo 29 de decembro.

0.17778086662292