Unhas 6.000 persoas acudiron á Feira do Poldro de Muras

TerraChaXa
[Best_Wordpress_Gallery id="37" gal_title="Feira do Poldro 2018"] Un total de 400 cabezas de gando e cinco curros, 3.
055_MURAS2018_FEIRAdoPOLDRO
29 sep 2018

[Best_Wordpress_Gallery id="37" gal_title="Feira do Poldro 2018"]

Un total de 400 cabezas de gando e cinco curros, 3.000 coches e máis de 6.000 visitantes foi o balance da IX edición da Feira do Poldro que se celebrou en Muras o 22 e 23 de setembro.

Segundo informou o alcalde, Manuel Requeijo, foi unha das máis concurridas dos últimos anos tanto en número de cabezas de gando como en visitantes, un fenómeno no que tivo moito que ver o bo tempo que fixo os dous días e un programa con varias novidades que causaron sensación entre o público.

Para Manuel Requeijo xa foi importante o número de cabezas de gando que baixaron aos curros, unhas 400, "o que foi un éxito considerando que temos unha problemática co lobo na zona o que fai minguar a nosa poboación de poldros e terneiros".

Ademais do gando, estiveron visitando a feira máis de 6.000 persoas e rexistrouse o paso de preto de 3.000 vehículos en diferentes momentos.

Ademais, dúas actividades causaron sensación entre os asistentes, a poda en altura de Husqvarna gustou moito, así como as carreiras de cabalos que mantiveron á xente na feira ata as oito da tarde. "A competición profesional foi espectacular  e con moita emoción e as da xente noso, c0mo sempre foron un éxito de participación", indicou Requeijo.

O éxito de visitantes tamén quedou reflectido nas 550 hamburguesas Gañidoira que repartiu o Concello na súa carpa e que se esgotaron aos poucos minutos. Este produto está elaborado ao 80% con carne de poldro e o resto de porco celta.

"Tanto en organización como en actividades, ano tras ano facemos cousas máis interesantes e á xente lle gustan moito", concluiu o alcalde, que segundo lembrou, "estamos xa na última fase do proceso para obter a distinción de Festa de Interese Turístico Galego. Se se nos concede sería un colofó espectacular a esta celebración".

0.23492288589478