Uns 365 deportistas participarán en Muras este domingo no Trail das Bestas

TerraChaXa
Estréase este ano como campionato galego de maratón e contará con charlas divulgativas
presentacion-trail-das-bestas-muras
Presentación do Trail das Bestas
6 Xul 2024

Muras acollerá este domingo, 7 de xullo, a sétima edición do Trail das Bestas, que este ano se estrea como Campionato Galego de Maratón e que ofrecerá tres modalidades de participación -42km, 27km e 12 km – e unha andaina, tamén de 12km, coa participación de 365 deportistas.

A Serra do Xistral e as ribeiras do Eume son o escenario desta carreira de montaña, con percorridos deseñados para poñer en valor ese espazo natural emblemático, especialmente nas probas de distancias menores. Considerada xa unha referencia no calendario galego, reforza o súa dimensión competitiva tanto en maratón como nas probas de 27 km e 12km, que puntuarán para as distancias clásica e minitrail.

O punto de saída e chegada da proba estará na área recreativa da Veiga, que contará con todos os servizos para as persoas participantes e acompañantes, con espazo dispoñible para aparcamento de turismos e caravanas, duchas e piscina.

O evento contará con premios directos e sorteos do patrocinador do circuíto, Lurbel así como unha gran cantidade de actividades para adultos e pequenos.

O Trail das Bestas, que ten experimentando un importante impulso nos últimos anos, xa é unha cita obrigada para estes atletas. O ano pasado participaron 250 deportistas nas diferentes categorías e estrearon itinerario.

Charlas divulgativas

O programa do Trail das Bestas inclúe tamén charlas divulgativas sobre as oportunidades que ofrecer o Xistral para a organización de actividades ao aire libre, a cargo de Inma Pumariño, acreditada deportista de montaña, espeleoloxía, barranquismo e kaiak e Pablo López, corredor de aventura, orientación, btt e organizador de probas deportivas. As charlas celebraranse no local social do Concello na xornada previa (o 6 de xullo) de 18.00 a 20.00 horas.

0.18113613128662