USC, Concello de Cospeito e Moexmu firman un convenio de impulso do sector primario

TerraChaXa
O acordo que ten unha vixencia de catro anos e redundará na modernización do sistema produtivo
convenio-a-tres-bandas
19 Jun 2025

USC, Concello de Cospeito e a Asociación de comerciantes, empresarios, profesionais, gandeiros e autónomos de Muimenta (Moexmu) acaban de asinar un convenio marco que rexerá a colaboración entre as diferentes partes coa intención de promocionar actividades do sector primario, empresarial, medioambiental, cultural ou do patrimonio. O acordo que terá unha duración de catro redunda na modernización do sistema produtivo, así como no desenvolvemento de actividades de investigación, formación e divulgación e no intercambio de experiencias e materias de interese común.

Deste xeito, executaranse proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, así como programas de formación de persoal investigador e técnico. Ao mesmo tempo, o acordo que deberá materializarse despois en convenios específicos para cada actividade ou programa, permitirá o asesoramento entre as partes no relativo aos seus respectivos ámbitos de actividade, así como a organización de actividades comúns vinculadas á promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Incentivar o interese da cativada polas actividades para a promoción do pobo e da comarca é outros dos obxectivos deste acordo que tamén se nutre da promoción da artesanía, dos produtos galegos de calidade e do medio rural no seu conxunto. O convenio tamén pon o foco nos cursos de formación e nas charlas informativas dedicadas ao sector agrícola e gandeiro, así como nas demostracións técnicas ou na recuperación de utensilios agrícolas, entre outros aspectos.

⚙ Configurar cookies
0.18062591552734