USC e Caixa Rural convocan unha praza de contrato predoctoral para investigación

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O convenio e o contrato teñen unha duración de tres anos
firma-convenio-caixa-rural-e-usc
Presentación do balance de investimentos do PSOE
13 Xul 2024

A Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas presentaron un segundo convenio de colaboración mediante o cal a Fundación dotará economicamente a convocatoria dun contrato de predoctorado con finalidade investigadora.

O acto realizado na sede central de Caixa Rural Galega en Lugo, acudiron á firma do convenio o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz; o vicerreitor de organización académica e do campus de Lugo, Francisco J. Fraga López; o vicepresidente da Fundación e presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela López, xunto a Salvador Diz Cerviño, Alberto Cepeda Sáez e Antonio Riveira Requeijo, membros do padroado da Fundación.

Ambas partes congratuláronse por renovar este acordo de colaboración que permite incrementar a capacidade da USC para dotarse de persoal investigador, así como facilitar ás persoas graduadas a posibilidade de realizar unha actividade investigadora remunerada que permita así mesmo a obtención dun título de doutoramento.

O obxectivo da colaboración de ámbalas dúas institucións é o de contribuír á promoción e mellora da actividade investigadora, o desenvolvemento e a innovación universitaria, así como a calidade da educación superior, e en xeral do avance da sociedade a través da formación de novo talento científico e tecnolóxico.

A USC será a encargada de realizar a convocatoria, así como de realiza a contratación e dar soporte á actividade investigadora do contratado. Igualmente conformará a comisión de avaliación na que participará un representante nomeado pola Fundación.

Poderán concorrer á obtención destes contratos aqueles estudantes que estean en posesión dun título universitario de grao ou equivalente e de Máster universitario ou equivalente, que vaian realizar un plan de investigación nalgunha dos catro eixos establecidos na convocatoria, todos eles relacionados co mundo agroalimentario e forestal e a sustentabilidade como eixo transversal. Os eixos ou áreas de investigación serán a produción vexetal e agricultura sostible, a produción e saúde animal sostible, a alimentación segura e saudable e por último a xestión forestal sostible.

A convocatoria está publicada na sede electrónica da USC, onde tamén se poderán presentar as solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais desde a publicación da convocatoria na sede electrónica da USC.

0.16506910324097