Usuarios do servizo de atención temperá teñen a súa xuntanza anual este venres en Friol

LugoXa | TerraChaXa
A sesión terá lugar a partir das 17.00 horas e rematará ás 20.00 con xogos e merenda
festa-de-atencion-tempera
Cartel
26 Jun 2025

O servizo de Atención Temperá de Friol, Begonte, Palas, Guntín, e Rábade celebrará este venres a súa cuarta xuntanza das familias nesta primeira localidade como festa de final de curso.

A xuntanza terá lugar concretamente na praza Andón Cebreiro, coa participación da maioría das familias usuarias do servizo.

Será unha tarde de xogos e merenda para que os máis novos, e as súas familias teñan tamén un momento para a conversa e o intercambio de experiencias.

A sesión terá lugar a partir das 17.00 horas e rematará ás 20.00 con xogos e merenda.

⚙ Configurar cookies
0.16472983360291