Usuarios do servizo de atención temperá teñen a súa xuntanza anual este venres en Friol

LugoXa | TerraChaXa
A sesión terá lugar a partir das 17.00 horas e rematará ás 20.00 con xogos e merenda
reunion-atencion-tempera-friol
Cartel
13 Xuño 2024

O servizo de Atención Temperá de Friol, Begonte, Palas, Guntín, e Rábade celebrará este vernes a súa terceira xuntanza das familias nesta primeira localidade como festa de final de curso.

A xuntanza terá lugar concretamente na area recreativa do complexo fluvial, coa participación da maioría das familias usuarias do servizo.

Será unha tarde de xogos e merenda para que os máis novos, e as súas familias teñan tamén un momento para a conversa e o intercambio de experiencias.

A sesión terá lugar a partir das 17.00 horas e rematará ás 20.00 con xogos e merenda.

0.05525803565979