Usuarios dos centros de día de Guitiriz e Begonte comparten recordos no Balneario de Guitiriz

Os usuarios dos centros de día de Guitiriz e Begonte reuníronse nunha xornada especial para compartir anécdotas e recordos a través dun paseo polo Balneario de Guitiriz. Durante a visita, os asistentes puideron coñecer a fonte do balneario e desfrutar dun café nas súas instalacións, gozando dun ambiente de convivencia e encontro.
A actividade contou coa presenza da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, así como de varios concelleiros e concelleiras, que acompañaron aos participantes nesta iniciativa, destinada a fomentar o contacto social e o benestar dos maiores.