UUAA convoca concentracións semanais en protesta pola situación do sector cárnico

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Iniciará O día 22 en Lugo un calendario de protestas para reclamar solucións ante a subida dos costes de produción.
unions agrarias concentracions
16 Out 2021

O sindicato Unións Agrarias informou de que o vindeiro venres, día 22 de outubro, iniciará en Lugo un calendario de mobilizacións para reclamar unha solución á situación “crítica” pola que está a pasar o sector cárnico en Galicia, como consecuencia da subida dos custos de produción, que non se ve reflectida no prezo dos tenreiros.

O responsable de Agricultura e Gandería Extensiva de Unións Agrarias, Xosé Ramón González, explicou que as explotacións atópanse nunha situación "delicada e, nalgúns casos, realmente preocupante”, porque están a vender por baixo de custos de produción e os números non dan.

Segundo González, agora mesmo os produtores de carne galego están a cobrar ao redor de douscentos euros menos por cada tenreiro que ao comezo da pandemia, unha situación que considera “insostible”.

“É unha situación preocupante para as máis de 6.000 explotacións de carne que hai na provincia de Lugo, moitas das cales son o verdadeiro sustento de zonas cunha demografía delicada”, explicou.

Lembrou que a Consellería do Medio Rural é, neste caso, “a administración competente”, polo que pide unha solución “inmediata”, aínda que sexa de forma conxuntural, para buscar no futuro outro tipo de solucións de carácter “estrutural”.

A primeira concentración producirase o día 22 ante a sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, sobre as 12.00 horas, pero, segundo recalcaron desde a organización agraria, esta forma de protesta repetirase en Ourense e A Coruña en Xosé Ramón González en venres sucesivos.

0.21565818786621