UUAA denuncia ""persecución económica contra os produtores"

TerraChaXa
O sindicato Unións Agrarias denuncia a sucesión de accións punitivas inxustificables contra as rendas dos produtores do rural por parte das administracións estatal e autonómica.
27 sep 2017

O sindicato Unións Agrarias denuncia a sucesión de accións punitivas inxustificables contra as rendas dos produtores do rural por parte das administracións estatal e autonómica. O último exemplo desta senrazón é a persecución e proposta de sanción, por parte de funcionarios da Inspección de Traballo, escoltados pola Garda Civil, aos veciños que se prestan a axudar a un familiar na colleita de patacas, uvas, etc.

Para a organización agraria resulta completamente escandaloso que se multe ás persoas polo feito de botarlle unha man a parentes ou veciños, tal como se ven facendo desde sempre en Galicia, cando esas axudas sábense sempre puntuais e polas que non se percibe renda algunha. O sindicato levará ao Congreso dos Deputados, a través dos parlamentarios galegos, unha proposta de modificación do réxime de colaboración familiar no ámbito laboral para evitar estas inspeccións esperpénticas que solo responden a un afán recadador por parte do ministerio de Hacienda.

Unha teima por baleirar as rendas dos produtores que xa viña no catastrazo que se está facendo pagar aos agricultores e gandeiros polas construcións que son o seu medio de vida, ou a redución de máis dun 20% da bonificación do gasóleo profesional, e tamén a limitación do complemento de renda que ter os pensionistas que venden castañas ou uvas, ou a campaña indiscriminada de requerementos fiscais que está ditando contra as explotacións gandeiras galegas. Esta acción sen precedentes, vai dirixida a tódolos produtores que fixeran cesións de dereitos do pago único da PAC, a pesar de que estas accións no tiveran carácter honeroso ao non existir transvase de diñeiro.

Neste último caso, a Axencia Tributaria a través da Delegación Especial de Galicia, contou coa colaboración necesaria da Consellería do Medio Rural que non tivo realizado unha discriminación entre os casos nos que se realizaran transmisións nas que exista un intercambio económico das cesións sen carácter dinerario, en moitos casos de pais a fillos. Deste xeito estáse obrigando aos produtores a realizar tramitacións, desprazamentos e perdas de tempo, por non ter feito un traballo de selección, abrindo unha causa xeral contra actividade económica no sector primario.

A organización agraria, solicitou novamente unha reunión urxente coa conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, para tratar de abordar unha axenda de temas que cada de temas que se vai incrementando dada a súa preocupante falta de interese por sentarse cos representantes dos produtores para acadar solucións. De non ser así demostrarase parecerá que a pretendida “lexislatura do rural” anunciada polo presidente Feijoo, empezará a ser a “lexislatura contra o rural”.

0.14762806892395