UUAA pide que "ante calquera oferta sobre Artesanos Gallegos de la Carne, os máis de 60 gandeiros afectados cobren a totalidade do que se lles adebeda"

TerraChaXa
Unións Agrarias amosa ante a oferta de Coren polas instalacións da Sala de Despece de Artesanos Gallegos de la Carne en Castro Ribeiras de Lea a súa alegría por “non paralizar estas imprescindibles para o sector cárnico galego”.
José Ramón González, voceiro de UUAA.
14 sep 2017

Unións Agrarias amosa ante a oferta de Coren polas instalacións da Sala de Despece de Artesanos Gallegos de la Carne en Castro Ribeiras de Lea a súa alegría por “non paralizar estas imprescindibles para o sector cárnico galego”.

Con todo, recordan que “ante esta oferta ou calquera outra, a condición primeira debe ser que os máis de 60 pequenos gandeiros afectados, cobren a totalidade do que se lles adebeda e sexan colocados na lista de acredores ao mesmo nivel que os traballadores da empresa. É dicir sexan colocados como crédito privilexiado”, segundo advirte o voceiro José Ramón González.

Ademais, consideran que “a Xunta debe ser responsable de garantir a capacidade de negociación dos máis de 10.000 pequenos gandeiros e gandeiras de carne Galicia ante unha situación de perigo de monopolio se a empresa resultante desta fusión cambia o mapa do sector da carne”.

0.19814515113831