Uxía Lambona actúa en Friol o venres contra a violencia de xénero
O próximo venres día 10 de xuño a poboación moza de Friol asistirá á actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Dende o Concello de Friol, en colaboración co CPI Doutor López Suárez e o Punto de Atención á Infancia organizan outra actuación para fomentar a loita contra a violencia de xénero, financiada a través do Pacto de Estado, nas que participa o alumnado do centro escolar público de Friol e tamén do PAI.
Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina rapeada ata O Jato rockeiro, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.