Uxía Lambona actuará en Xermade

TerraChaXa
Xermade acollerá unha actuación de Uxía lambona e a Banda Molonaa no campo de fútbol de Momán o 8 de setembro ás 18.00 horas.
actuacion uxia lambona banda molona
2 sep 2021

Antes de que os pequenos volvan ao cole, Xermade acollerá unha actuación de Uxía lambona e a Banda Molona, é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, e Roscón ao acordeón.

A actuación será no campo de fútbol de Momán o 8 de setembro ás 18.00 horas dentro do ciclo Cultura no Camiño.

Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliños” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

A día de hoxe temos tres cd´s publicados:

  • Uxía Lambona e a Banda Lambona. 2015
  • A bailar coma tol@s. 2017
  • Astronauta Sideral. 2019
actuacion uxia lambona xermade
0.11702990531921