Val de Francos adianta o contido do programa do Entroido do día 13

TerraChaXa | LugoXa
A comisión de festas do Antroido Val de Francos adiantou unha parte do cartel das festas deste de este ano, mentras non se presenta o cartel.
21 Xan 2024

A comisión de festas do Antroido Val de Francos adiantou unha parte do cartel das festas deste de este ano, mentras non se presenta o cartel oficial desta cita ancestral na que participan as parroquias de Ansemar Balmonte e Goberno, en Castro de Rei.

Será como todos os anos no Campo do Carril o martes 13 de febreiro a partir das 17.00 horas, cando os Valuros abran coa súa actuación o programa. Tamén estarán a orquestra Saudade de Vigo no apartado musical.

A comisión avanzou que queimarase de novo o Antroido que non faltarán os actos tradicionais do programa como a chegada do Antroido ao Campo de Carril, a lectura do pregón, a sesión pirotécnica e sorteo de agasallos.

0.21036386489868