Val de Francos desvela o seu programa de Antroido

LugoXa | TerraChaXa
Mantéñense os actos tradicionais pero súmanse sorpresas como a recuperación do cartel de Vizoso e as degustacións de galiña de Mos e Porco Celta
presentacion-do-antroido-de-goberno
7 Feb 2025

O Entroido de Val de Francos, o máis tradicional da Terra Chá, recuperou, co apoio da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o cartel realizado por Xosé Vizoso para a edición de 1993, unha obra moi lembrada pola veciñanza da que apenas se conservaban exemplares.

A comisión organizadora e o deputado de Mocidade Daniel García presentaron este venres no Pazo de San Marcos o proxecto de recuperación e dixitalización do cartel, que fora encargado ao artista mindoniense polo párroco e impulsor da recuperación do entroido Xosé Manuel Carballo

A obra volve lucir na cartelería desta edición, remarcando o carácter tradicional desta celebración que une ás parroquias de Goberno, Ansemar e Balmonte, e que ten nos fareleiros e na lectura do sermón os elementos máis singulares, como explicaron na presentación

O deputado de Mocidade Daniel García destacou “o traballo da comisión organizadora que mantén esta tradición, buscando fórmulas para revalorizala con iniciativas coma a recuperación desta obra de Vizoso que tan ben sintetiza e representa o seu espírito” e reiterou o apoio da Vicepresidencia da Deputación ao traballo asociativo e da veciñanza no mantemento das manifestacións culturais que nos identifican como pobo.

Degustacións de receita de galiña de Mos e Porco Celta

A demais de apoiar a recuperación do cartel, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Rural, achegará á celebración do Entroido de Val de Francos degustacións de galiña de Mos e de Porco Celta, con produtos de tres ganderías do concello de Castro de Rei.

As persoas asistentes poderán probar carnes destas razas autóctonas en tres receitas elaboradas polo cociñeiro Álex Méndez: croquetas de Galiña de Mos e faba de Lourenzá con polo de Mos, arroz meloso de castañas, boletus e solombo de Porco Celta e lentellas estofadas con panceta e chourizo de porco celta

O acto contou coa participación das integrantes da comisión organizadora Ana Canto, Fran Fórneas, Remedios Anido e Maricarmen Gómez, dos gandeiros José Zapata e Pepe Veiga e de representantes de Avimós e Porco Celta.

0.17783308029175