O Valadouro publicou a data para o Mercado de Primavera 2020

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Dec 2019

O Concello do Valadouro xa concretou a data para o Mercado de Primavera 2020 que será o 28 de marzo.

Para os interesados en poñer un posto ou ensinar un oficio artesán haberá que inscribirse para participar.

Este actual Mercado Tradicional Anual de Primavera é unha homenaxe a eses antigos mercados e feiras que fixeron do concello un referente na Mariña.

As actividades do Mercado da Primavera comezarán cun pregón e continuarán coa feira de artesán na praza de Santa María e arredores. Así, ferreiros, cesteiros, e sobre todo zoqueiros, xa que este calzado tradicional é a estrela do Mercado de Primavera, daranse cita no Valadouro, para seguir co desfile de zocas, zocos e vestimenta. Poderanse ver dende as máis tradicionais e fieis ás usadas polos nosos devanceiros coma as máis modernas, reinterpretadas e customizadas para o pleno século XXI.

Durante todo o día haberá actividades para toda a familia e demostración de oficios tradicionais. A vila de Ferreira transfórmase nunha feira do século pasado, ambientada con aparellos tradicionais, palla, e centos de persoas vestidas ó estilo de principios do século XX, o que fai que os asistentes se transporten no tempo e disfruten totalmente da experiencia.

 

0.17812609672546