Valentín González Formoso gaña as Primarias do PSdeG

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O candidato aposta por un modelo “que volva a ilusionar á militancia, que sexa integrador e conte con todo o mundo.
valentin formoso psoe galicia votacion
30 Out 2021

Valentín González Formoso gañou as eleccións Primarias para a Secretaría Xeral do PSdeG.Así celebradas este sábado.

O alcalde pontés impúxose en cinco das sete cidades galegas, A Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense e Lugo, mentras que Gonzalo Caballero gañou en Vigo e Pontevedra.

Formoso explicou que “hoxe é un día francamente bonito para esa expresión democrática que só o Partido Socialista pode desfrutar internamente, como son as Primarias” e subliñou que "a militancia teña a potestade de escoler os seus liderados a través dunha ferramenta que nos sitúa á vangarda na implantación dos procesos democráticos na vida política”.

Formoso aposta por un modelo de partido “forte e unido, que volva a ilusionar á militancia, que sexa integrador e conte con todo o mundo” e que teña os pés no chan, estando ao carón da cidadanía e volvendo a ter criterio nos asuntos de país e non se limite a sinalar problemas senón tamén a aportar solucións. É dicir, que faga un socialismo útil para a sociedade”.

0.050304889678955