Valonga e Rioxoán, en Pol, celebra as patronais
LugoXa | TerraChaXa
Estas arrancarán o sábado 13 co misa ás 14.00 horas, seguida da procesión
Cartel
12 Xul 2024
As localidades de Valonga e Rioxoán, en Pol, celebran as súas patronais na honra a Santa María, Santa Petronila e a Virxe de Guadalupe.
Estas arrancarán o sábado 13 co misa ás 14.00 horas, seguida da procesión, que se repetirán ao día seguinte á mesma hora. A sesión vermú e a verbena contará con M3. Á noite estarán tamén Tania y su acordeón e Discoteca DBC.
O domingo será a vez do dúo La Hora Bruja, que fará sesión vermú e tamén de tarde, despois da comida popular que se celebrará en campo cuberto con carpa.