Valonga e Rioxoán, en Pol, celebran as patronais

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O sábado haberá unha comida popular, servida polo Catering LM, para a que é necesario reservar
festas-en-valonga-e-rioxoan-pol
7 Jul 2025

As localidades de Valonga e Rioxoán, en Pol, celebran as súas patronais na honra a Santa María, Santa Petronila e a Virxe de Guadalupe.

Estas arrancarán o sábado 12 cunha misa ás 13.45 horas, seguida da procesión e sesión vermú coa Costa Dorada como protagonista. A continuación, haberá unha comida popular, servida polo Catering LM. É necesario reservar os tíckets antes do 8 de xullo, chamando aos teléfonos de Iago (618 472 849) e Lorena (600 821 719).

Pola noite, haberá un segundo pase da Costa Dorada, que amenizará a verbena xunto a Dj Bombardero.

O domingo 13, o oficio relixioso será ás 12.00 horas e, como final de festas, haberá unha sesión vermú prolongada a cargo do dúo Venus.

⚙ Configurar cookies
0.17679309844971