Vanse mellorar as escolas infantís municipais en varios concellos

TerraChaXa | LugoXa
Vanse destinar 142.
18 Dec 2019

Vanse destinar 142.000 euros a financiar a mellora de infraestruturas e equipamentos de escolas infantís de 0 a 3 anos e puntos de atención á infancia (PAIs) municipais de oito concellos da provincia de Lugo. 

Esta liña de axudas está dirixida ás corporacións locais para a adecuación dos centros da súa titularidade a través da realización de obras menores e da compra de equipamento. Na provincia de Lugo, concedéronse achegas para os PAIs de Trabada, O Vicedo, Lourenzá e a escolas infantil municipais O Bítere de Barreiros.

Cada entidade local pode recibir unha axuda máxima de 35.000 euros: 20.000 para obras de adecuación, mellora e accesibilidade da escola; e 15.000 euros para a compra de equipamento e de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías nas aulas, tales como ordenadores, encerados dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.083219051361084