Varias familias de Abadín reclaman unha mellor atención pediatrica

TerraChaXa
Varias familias do Concello de Abadín rexistraron no centro de saúde do municipio varios escritos para reclamar unha mellor atención pediátrica.
6 Xuño 2019

Varias familias do Concello de Abadín rexistraron no centro de saúde do municipio varios escritos para reclamar unha mellor atención pediátrica. Ademais queren están a facer unha recollida de firmas que apoie a súa reivindicación para poder presentar no Sergas.

Os pais consideran que o horario de atención é pouco xa que son só dúas horas os xoves, de 9:00 a 11:00, ademais queixanse de que o médico non sexa pediatra, por eso piden tamñen ao Sergas que sexa un especialista. Recriminan que cando o médico non está, non vai ningunha persoa a substituilo, e en caso de necesitalo teñen que acudir a Vilalba pero tan só con cita previa sacada a primeira hora no mostrador do centro de saúde vilalbés, senón deberán esperar toda a mañá a que o médico acabe a súa ronda de citas previas.

Desde o Sergas din que o centro de saúde de Abadín conta coa mesma atención pediátrica que anteriormente, e que existen tres médicos de familia capacitados para a atención dos cativos do concello.

0.083946943283081