Varias localidades da comarca celebran desde hoxe o San Pedro

TerraChaXa
Rigueira, na Pastoriza; Vilar de Mouros, en Meira e San Pedro de Seixas, en Cospeito
festas-de-vilalba-concerto-combo-dominicano-verbena-6
Orquestra
29 Xuño 2024

Outras tres localidades da comarca súmanse aos concellos que estarán de festa esta fin de semana.

Na Rigueira, na Pastoriza, arrancan as festas coa tradicional misa e procesión, ás 13.30 horas, hoxe sábado á que seguirá unha sesión vermú coa orquestra La Florida Band, que tamén estará na verbena xunto a Punto Clave.

O domingo, a sesión vermú co grupo Alba porá o punto e final á celebración, despois da misa, que será ás 13.30 horas.

Na localidade de Vilar de Mouros, en Meira, a festividade dará comezo ás 13.30 de hoxe cunha misa solemne e sesión vermú a cargo do grupo Galia que será o encargado de amenizar a verbena da tarde xunto ao Dj Pataquiña.

O domingo, a misa terá lugar á mesma hora, con procesión e sesión vermú, que terá como protagonista á orquestra Galaxia.

Logo dun parón, o venres 12 de xullo retómase o programa a partir das 22.00 cunha churrascada popular e verbena co trío Merengue como acompañante. Terá lugar nun campo cuberto con carpa.

A localidade de San Pedro de Sexas, en Cospeito,tamén celebra as súas festas o último fin de semana de xuño. Darán comezo o sábado, ás 13.30 horas, coa celebración da misa solemne seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Fuego.

Este mesmo grupo amenizará a verbena xunto a Los Satélites.

O domingo, cambiase o rumbo e a sesión vermú será a que abra o programa, ás 13.00 horas, coa orquestra Alianza como protagonista e logo xa terá lugar o oficio relixioso ás 14.00. Media hora despois será o segundo pase da sesión vermú.

0.080328941345215