Varias parroquias aproveitan o San Xoán para celebrar as súas patronais

TerraChaXa
Numerosas parroquias da comarca aproveitan esta fin de semana de San Xoán para celebrar as súas festas patronais.
festas fogos artificio patronais
23 Jun 2023

Numerosas parroquias da comarca aproveitan a fin de semana para celebrar as súas festas patronais.

ABADIN

Tres localidades están de festa. En Vilarente, estas arrancan cunha churrascada popular a partir das 22.00 horas e a continuación haberá música co dúo Pedriñas.

O sábado continuará a celebración coa tradicional misa e procesión a partir das 13.30 horas. A música estará ca rgo da orquestra Principal, en dobre sesión, e do dúo Dilema, pola noite. O domingo as celebracións chegará á súa finalización coa sesión vermú a cargo do grupo Fénix, que tocará despois da misa, prevista para as 14.00 horas.

En Castromaior serán dous días de festa. O sábado contarán co grupo Ritmo en sesión vermú e verbena e pola noite estará tamén Panamá Band, no seu Pivilegio Tour. O domingo só haberá sesión de mediodía co grupa Alba.

Nos dous días haberá misa con procesión, o sábado ás 13.15 horas e o domingo ás 13.00. A organización lembra que haberá carpa e colchonetas para os máis pequenos.

En Romariz tamén celebran o San Xoán. O sábado haberá misa ás 13.30 horas con procesión para continuar coa sesión vermú co grupo La Rosa, que tamén fará a verbena xunto a Fusión Latina. Este último será o encargado da sesión vermú do domingo, coa que se darán por terminadas as festas.

Haberá misa solemne e procesión os dous días ás 13.30 horas. O campo da festa tamén estará cuberto con carpa.

A PASTORIZA

As localidades pastoricenses de Fitoiro-Afoz e Lagoa celebran esta fin de semana as súas festas. No primeiro caso son na honra a San Adriano e terán o seu inicio o venres 23, ás 22.00 horas, cunha churrascada con fogueira e queimada, que estará amenizada por Verónica Cambón.

O sábado terá lugar a misa solemne ás 13.30 horas para dar paso á procesión e sesión vermú co trío D’Lider. Este mesmo tamén estará na verbena xunto ao dúo Tropical.

O domingo continuarán as celebracións con Tania e o seu acordeón en sesión vermú, despois da misa solemne, que será ás 14.00 horas. O campo estará cuberto con carpa.

En Lagoa as celebración son na honra a San Xoán e contarán coa música de Máster en sesión vermú e verbena o sábado. Durante o descanso da mesma actuará Mago Deimi.

O domingo só haberá sesión vermú, será co dúo Venus. Os dous días haberá misa e procesión. No primeiro caso ás 13.30 horas e no segundo ás 14.00.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

AS PONTES

A Asociación Lembranza da Vila celebra esta noite de San Xoán unha cea e un foleón a partir das 22.00 horas detrás da igrexa. Contará con empanada, sardiñas, churrasco, patatas, liscos, chourizos, sobremesa e queimada. todo isto amenizado por unha actuación musical.

CASTRO DE REI

As localidades de San Xoán de Ribeira de Lea e de Santa Leocadia, en Castro de Rei, estarán de festa esta fin de semana para celebrar o San Xoán.

Na primeira as festas arrancarán o sábado cunha misa solemne e a actuación da orquestra Escaparate en sesión vermú e verbena. Nesta última tamén contarán coa actuación musical dos Festicultores Troupe.

O domingo continuará a festa só ata mediodía. Despois da misa solemne haberá sesión vermú cos Valuros. Ademais, o 15 de xullo está prevista a tradicional comida veciñal, que estará amenizada pola charanga Louband.

En Santa Leocadia as festa serán na honra a San Pedro comezando o sábado coa misa tradicional e a actuación do grupo Paréntesis, que tamén actuará na verbena xunto a Beatriz.

O domingo tamén haberá misa ás 13.30 horas e a procesión contará coa participación da Banda de Gaitas Asubíos da Chaira. Despois, a sesión vermú e a verbena estarán a cargo da orquestra Favorita.

COSPEITO

A parroquia de Sistallo tamén está de festas. Contará co grupo Lecer para animar a sesión vermú e a verbena do sábado e co orquestra Pontevedra para a xornada do domingo, tamén en dobre sesión.

Nos dous casos haberá misa pola mañá con procesión.

OUTEIRO DE REI

As localidades de Silvarrei e San Xoán de Parada tamén están de festa. Hoxe darán comezo as celebracións en Silvarrei cunha churras cada veciñal a partir das 22.00 horas, amenizada pola orquestra La Hora Bruja en sesión verbena.

O sábado haberá misa pola mañá, ás 13.30 horas con procesión e posterior sesión vermú con La Travesía. Esta mesma orquestra encargarase da verbena xunto ao dúo Elixir.

O domingo haberá misa ás 13.30 horas de novo con procesión e coa sesión vermú darase por concluída a festa, que contará con Alma Latina. O campo da festa estará cuberto con carpa.

En San Xoán de Parada as festas serán o sábado e o domingo. Neste primeiro día as celebracións arrancará coa tradicional misa ás 13.30 horas, amenizada polo grupo Axeigo. A sersión vermú estará a cargo do dúo Epo-K, que tamén estará na verbena desde as 20.00 horas xunto ao trío Karma.

O domingo repetirá o oficio relixioso, sen procesión, e a sesión vermú de fin de festa contará co dúo Karamba.

VILALBA

As localidades vilalbesas de Alba e San Lorenzo de Árbol estarán de festa esta fin de semana para celebrar o San Xoán.

Na primeira as festas arrancarán o sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas e a actuación da orquestra Los Españoles en sesión vermú e verbena. Nesta última tamén contarán coa actuación do dúo Eclipse.

O domingo continuará a festa. Despois da misa solemne haberá proecesión e sesión vermú co grupo Jaque, que tamén fará a verbena a partir das 22.00 horas.

En San Lorenzo de Árbol o San Xoán festexarase cunha comida veciñal o sábado 24. A misa ás 13.30 horas e a sesión vermú con Cerna de Árbol e o dúo Caramelo servirán de antesala ao xantar, que se fará baixo carpa a base de empanada, xamón cocido, polbo con cachelos, churrasco, postre e café. Este ten un prezo de 30 euros para adultos e de 15 para nenos entre 5 e 10 anos.

Trala comida haberá baile coas mesmas orquestras.

festas vilarente abadin
festas castromaior
foleon as pontes
festas santa leocadia
festas silvarrei
festas alba
festas romariz
festas fitoiro afoz pastoriza
festas en lagoa pastoriza
festas san xoan ribera de lea
festas san xoan parada
festas san lorenzo e arbol
0.094389915466309